Sami Elopuro, nado o 22 de novembro de 1964, é un xogador de squash finlandés.

Traxectoria

Comezou a xogar en torneos da PSA World Tour a finais da década de 1980 ata a súa retirada en 1995. Participou por primeira volta nun mundial coa selección finlandesa en 1985, repetiu en 1987 e levou o bronce do Campionato do Mundo na competición por equipos en 1991 que se celebrou en Finlandia, canda el participaron tamén Ville Mäkisarka, Pentti Pekkanen e Marko Pulli. En 1993 o seu equipo, liderado de novo por Elopuro, volveu xogar as semifinais e quedou cuarto. Participou tamén individualmente no Campionato do Mundo entre 1989 e 1995 e chegou a cuartos de final en 1992 e 1995. Logrou prata por equipos no campionato de Europa en 1991, 1992 e 1995 e bronce por equipos de 1986-1990 e 1996. Xogou 91 partidos nacionais entre 1984–1996 e gañou oito campionatos finlandeses, sete entre 1987 e 1993 e máis o de 1995 .

Na clasificación mundial de squash, Elopuro chegou a estar na sétima posición en xaneiro de 1992, o máximo posto dun xogador finlandés en xogos individuais de raqueta . Logo de se retirar iniciou unha carreira de adestrador de squash, e adestrou a xogadores como Jami Äijänen ou Miko Äijänen.

Véxase tamén Ligazóns externas Partido de exhibición entre Elopuro e C. Walker. Helsinqui (2009)

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Xogadores de squash de Finlandia Categoría:Nados en Finlandia Categoría:Adestradores de squash