The Nice foi unha banda inglesa de rock progresivo activa a finais dos anos 60. O grupo mesturaba rock, jazz e música clásica e foi a primeira banda comercialmente exitosa do teclista Keith Emerson.
O grupo formárono en 1967 Emerson, Lee Jackson, David O'List e Ian Hague para apoiar á cantante de soul P. P. Arnold. Tras substituír a Hague por Brian Davison, o grupo estableceuse pola súa conta, conseguindo rapidamente un gran público. As actuacións ao vivo de The Nice presentaban a espectacularidade do órgano Hammond de Emerson e o abuso do instrumento. As súas composicións incluían arranxos radicais de temas musicais clásicos e de cancións de Bob Dylan.
A banda conseguiu o éxito comercial cun arranxo instrumental do tema de Leonard Bernstein "America", tras o cal O'List marchou. O resto dos membros continuaron como trío, publicando varios álbums, antes de que Emerson decidise deixar a banda a principios de 1970 para formar Emerson, Lake & Palmer. O grupo reformouse brevemente no ano 2022 para unha serie de concertos.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloFive Bridges1968Immediate RecordsElegy1968Immediate RecordsNice1969Immediate Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de jazz fusión Categoría:Grupos musicais formados en 1967