Teresa Helena Higginson, nada en Holywell o 27 de maio de 1844 e finada en Chudleigh o 15 de febreiro de 1905, foi unha mística galesa da igrexa católica.
Traxectoria Higginson naceu en Holywell (Gales) en 1844, onde os seus pais estaban de peregrinación no santuario de Santa Winefrida. O pai, Robert Francis Higginson, era católico e a nai era conversa. Higginson foi a unha escola católica en Nottingham e exerceu de mestra en Bootle (Inglaterra).
Durante a súa vida Higginson tivo estigmas, feridas nas mans e nos pés similares ás causadas pola crucifixión en Xesucristo. Amais, durante as súas oracións entraba en transos que duraban varios días e "recreaba de xeito violento" as escenas do Viacrucis.
Higginson morreu en Chudleigh e foi declarada Serva de Deus.
Legado En 1928 Higginson foi proposta como posíbel candidata para a canonización. Moitas das cartas que escribiu Higginson atópanse nos arquivos de Augustine's Abbey, na vila de Ramsgate. A Catedral Metropolitana de Cristo Rei de Liverpool garda duplicados das mesmas.
Notas
Categoría:Finados en 1905 Categoría:Nados en 1844 Categoría:Igrexa católica Categoría:Nados en Gales