Scrooge: Conto de Nadal (orixinalmente en ) é un filme británico-estadounidense dirixido por Stephen Donnelly. O guión foi escrito por Donnelly e Leslie Bricusse, e é unha adaptación do filme de 1970 Scrooge, para o cal Bricusse escribiu o guión e compuxo as cancións. Producido por Netflix Animation e Timeless Films, o filme conta coas voces de Luke Evans, Olivia Colman, Jessie Buckley, Jonathan Pryce, Johnny Flynn, James Cosmo e Trevor Dion Nicholas. Estreouse en cinemas escollidos dos Estados Unidos o 18 de novembro de 2022, e estreouse en liña en Netflix o 2 de decembro dese mesmo ano.
Estreouse dobrado e subtitulado en galego o 2 de decembro de 2022 a través da plataforma de Netflix.
Personaxes Luke Evans como Ebeneezer Scrooge Olivia Colman como Pantasma do Nadal pasado Jessie Buckley como Isabel Fezziwig Jonathan Pryce como Jacob Marley Johnny Flynn como Bob Cratchit James Cosmo como Mr. Fezziwig Trevor Dion Nicholas como Pantasma do Nadal presente Fra Fee como Harry Huffman Giles Terera como Tom Jenkins Homer Todiwala como Tamal Jemima Lucy Newman como Jen Scrooge Rebecca Gethings como Ethel Cratchit Rupert Turnbull como Tiny Tim Devon Pomeroy como Kathy Cratchit Sheena Bhattessa como Hela Huffman
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego