Pinocho de Guillermo del Toro (en ; ou sinxelamente Pinocho, en ) é un filme estadounidense-mexicano de 2022 dirixido por Guillermo del Toro e Mark Gustafson (no seu debut como director) cun guión escrito por del Toro e Patrick McHale a partir dunha historia de del Toro e Matthew Robbins. Baséase nos deseños de Gris Grimly da edición de 2002 da novela italiana As aventuras de Pinocchio de Carlo Collodi. O filme reimaxina a historia na Italia fascista da década de 1930 como "unha historia de amor e desobediencia mentres Pinocho loita por estar á altura das expectativas do seu pai, aprendendo o verdadeiro sentido da vida". Está protagonizado polas voces de Ewan McGregor, David Bradley, Gregory Mann, Burn Gorman, Ron Perlman, John Turturro, Finn Wolfhard, Cate Blanchett, Tim Blake Nelson, Christoph Waltz e Tilda Swinton.

Estreouse dobrado e subtitulado en galego o 9 de decembro de 2022 a través da plataforma de Netflix.

Personaxes

Ewan McGregor como Sebastian J. Cricket David Bradley como Geppetto Gregory Mann como: Pinocchio Carlo Burn Gorman como o sacerdote Ron Perlman como Podestà]] John Turturro como Il Dottore Finn Wolfhard como Candlewick Cate Blanchett como Spazzatura Tim Blake Nelson como the Black Rabbits Christoph Waltz como Count Volpe Tilda Swinton como: The Wood Sprite Morte Tom Kenny como: Benito Mussolini Man dereita de Benito Mussolini Capitán mariño cun garfo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes dirixidos por Guillermo del Toro Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego