"South Sudan Oyee!" (Hurra Sudán do Sur!) é o himno nacional do Sudán do Sur. O himno foi elixido pola Comisión Nacional do Sudán do Sur, creada polo Movemento de Liberación Popular do Sudán, ala política do Exército de Liberación Popular do Súdan, tras un concurso en agosto de 2010 para decidir o himno do novo estado futuro. O himno entrou en vigor tras o referendo de independencia do Sudán do Sur de 2011, cando este se tornou nun estado soberano o 9 de xullo de 2011.

Historia O comité recibiu 49 propostas para o himno. O título provisional para a proposta gañadora foi "Land of Kush". O concurso emitiuse en directo na televisión no 2010.

A música gañadora foi composta por alumnos e profesores da Universidade de Juba.

Letra Orixinal Oh God We praise and glorify you For your grace on South Sudan, Land of great abundance Uphold us united in peace and harmony.

Oh motherland We rise raising flag with the guiding star And sing songs of freedom with joy, For justice, liberty and prosperity Shall forever more reign.

Oh great patriots Let us stand up in silence and respect, Saluting our martyrs whose blood Cemented our national foundation, We vow to protect our nation

Oh God bless South Sudan.Tradución Oh Deus, Louvámoste e glorificámoste pola túa graza sobre o Sudán do Sur, terra de grande abundancia. Manténnos unidos en paz e harmonía.

Oh terra nai, erguémonos erguendo a bandeira coa estrela guía e cantamos cancións de liberdade con alegría, para que a xustiza, a liberdade e a prosperidade reinen por sempre xamais.

Oh grandes patriotas, poñámonos en pé en silencio e con respecto, saudando os nosos mártires, cuxo sangue cimentou a fundación da nosa nación. Xuramos protexer a nosa nación

Oh Deus, bendí ao Sudán do Sur.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bandeira de Sudán do Sur Escudo de Sudán do Sur

Ligazóns externas on live TV on live TV South Sudan's national anthem (MP3 audio file) played by the United States Navy Band

Categoría:Himnos nacionais Categoría:Símbolos do Sudán do Sur