Chinatsu Matsui, nada o 8 de agosto de 1977 en Kawasaki, é unha xogadora de de squash xaponesa.
Traxectoria Estudou na súa cidade natal e acabou os estudos de secundaria en Tokyo e nesa cidade ingresou na Universidade de Ciencias Depotivas Nippon. Na escola e no instituto xogou ao voleibol e foi na universidade cando principiou a xogar ao squash. Chinatsu Matsui participou de 2001 a 2010 no PSA World Tour e logrou un título, o Open da China de 2009 ao bater a surcoreana Song Sun-mi por 11-8, 7-11, 11-4 e 11-4. A súa mellor clasificación mundial foi no posto 50 en setembro de 2007. Participou coa selección nacional xaponesa nos campionatos do mundo de 2002, 2004, 2006, 2008 e 2012 e catro veces nos Xogos de Asia entre 2002 e 2014 e nos Xogos do Mundo en 2009. Foi campioa do Xapón catro veces entre 2001 e 2008 antes de deixarlle o seu título a Misaki Kobayashi .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Encontro entre Matsui e Ayumi Watanabe. Japan Satellite Series (2021)
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Xogadores de squash do Xapón Categoría:Nados na prefectura de Kanagawa