Tembele é un filme ugandés de 2022 dirixido por Morris Mugisha. É o primeiro filme escollido para representar a Uganda para o Óscar ó mellor filme internacional, debutando na 95ª edición dos premios.

Sinopse Ambientado en Kampala, o filme céntrase en Tembele, un recolledor de lixo que traballa en quendas de 12 horas. Tembele e a súa muller, Mawa, están esperando o seu primeiro fillo xuntos. Cando o neno morre pouco despois do nacemento, Tembele ten unha crise mental e nega por completo que o seu fillo morrese. Ao día seguinte volve traballar contento mentres os demais están de loito.

Personaxes Patriq Nkakalukanyi como Tembele Ninsiima Ronah Rita como Mawe Cosmas Sserubogo como Segi

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Uganda propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes de Uganda