Peter John Sinfield, nado o 27 de decembro de 1943 e finado o 14 de novembro de 2024, foi un poeta e compositor inglés. Foi coñecido sobre todo por ser cofundador e antigo letrista da banda King Crimson, cuxo álbum de estrea In the Court of the Crimson King está considerado un dos primeiros e máis influentes discos do rock progresivo.
As letras de Sinfield son coñecidas polas súas imaxes surrealistas, a miúdo involucrando conceptos comúns da fantasía,natureza ou o mar. Ás veces tamén tratan de conceptos emocionais e de conceptos históricos. Posteriormente na súa carreira adaptou o seu estilo de composición para adaptarse á música pop, escribindo varias exitosas cancións a artistas como Celine Dion, Cher, Cliff Richard, Leo Sayer, Five Star, e Bucks Fizz.
En 2005 Sinfield foi mencionado como un "heroe do rock progresivo" na revista Q polo seu traballo lírico e influencia na industria da música.
Notas
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Londres Categoría:Poetas de Inglaterra Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Finados en 2024