Life on Other Planets é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Supergrass, publicado o 30 de setembro de 2002 a través dos selos Parlophone no Reino Unido e Island Records nos Estados Unidos. Trátase do seu primeiro disco con Rob Coombes como membro oficial do grupo, e orixinalmente o seu título ía ser Get Lost. A edición estadounidense do álbum incluía varias cancións extra e edicións ao vivo raras. Un deses temas endirecto fíxose famoso cando se descubriu que se escoita un disparo no fondo. O álbum chegou ao número 9 das listas británicas.
Concepto A banda afirma que gran parte da inspiración para este álbum obtivérona dunhas "vacacións de traballo" xuntos na Costa Azul francesa, escoitando a emisora francesa Nostalgie e vendo documentais do espazo de Carl Sagan. Carl Sagan e Douglas Adams están de feito mencionados na contraportada de Life on Other Planets baixo unha lista de agradecementos.
O nome do álbum estivo influenciado por esta excursión, pero tamén por un telescopio que o astrofísico e teclista da banda Rob Coombes levou con el ao estudio de gravación para ver os planetas; "...quedamos fascinados con todo o que está por riba nosa e ocorreusenos o título", explicou Mick Quinn.
A banda contratou un produtor externo, Tony Hoffer, para a gravación, tras sentir que o seu anterior traballo, Supergrass, carecía de parte da urxencia dos seus outros discos: "axudounos a manter as tomas bastante curtas e agradables", di Danny Goffey. "Realmente non perdimos o tempo porque el mantívonos en movemento. Se o tivésemos feito sós outra vez, volveríamonos realmente analíticos e comezaríamos a chorar y tratar de reparar as cousas que no estaban rotas".
O álbum estreouse no festival Meltdown no Royal Festival Hall de Londres o 28 de xuño de 2002, na edición comisionada por David Bowie.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Supergrass Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums producidos por Tony Hoffer Categoría:Álbums de Parlophone Categoría:Álbums de Island Records