Maria Amélia Alvim Buarque de Hollanda, nada no Río de Xaneiro, o 25 de xaneiro de 1910 e finada ibídem no 4 de maio de 2010 foi unha intelectual, política, pintora e pianista brasileira.

Traxectoria Filla de Francisco Cesario de Faria Alvim (1880-1946) e de María do Carmo Carvalho (1888-1976), era neta de Cesário Alvim, muller de Sérgio Buarque de Holanda, con quen casou en 1936, e nai de sete fillos, entre eles Chico Buarque, Miúcha, Ana de Hollanda e Cristina Buarque, María Amélia foi chamada Memélia entre os seus familiares , alcume que recibiu a súa neta Bebel Gilberto, filla de Miúcha con João Gilberto. Foi unha das fundadoras do Partido dos Traballadores. Maria Amélia tamén foi colaboradora intelectual de parte da obra de Sérgio Buarque de Holanda, segundo un comunicado de Antonio Candido no filme Raízes do Brasil: uma cinebiografia de Sérgio Buarque de Hollanda. No seu 100º aniversario, que tivo lugar en 2010, estiveron presentes personalidades como Oscar Niemeyer, Antonio Candido, Frei Betto, Affonso Arinos de Mello Franco e o entón presidente Lula da Silva.

Morreu no seu apartamento, en Copacabana, mentres durmía, o 4 de maio de 2010, menos de catro meses despois do seu 100 aniversario.

Notas

Categoría:Brasileiros de ascendencia uruguaia Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en 1910 Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Músicos do Brasil por instrumento Categoría:Políticos do Brasil