Ramón Villar Edreira, nado en Visantoña (Santiso) o 26 de maio de 1939 e finado nese mesmo lugar o 27 de xullo de 2024, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Santiso, a única que se presentou aos comicios, e foi elixido alcalde.La Voz de Galicia, 1-4-1979, 38. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta nas eleccións municipais de 1983 como independente. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia e reelixido alcalde con maioría absoluta.

Nas municipais de 1995 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e perdeu a maioría absoluta, conservando a alcaldía logo de que os demais grupos non se puxesen de acordo. Gobernou en minoría durante un ano ata que logrou o apoio dun concelleiro independente tránsfuga. Nas municipais de 1999 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e volveu ser elixido alcalde, nesta ocasión recuperando a maioría absoluta. Nas municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.

Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta e, finalmente, tamén a alcaldía logo de que 3 dos seus concelleiros apoiasen o candidato do CIS Ovidio Leiva Pereiro"«A campaña do alcalde dura os catro anos de mandato»", La Voz de Galicia, Santiago, 17-6-2006, L12.. Nas municipais de 2011, logo de que o seu partido fichase a Leiva como candidato e readmitise aos concelleiros díscolos, promoveu a candidatura Indepentes por Santiso que encabezou a única concelleira do PP que permanecera ao seu lado. Esta candidatura logrou unha acta de edil e pactou con nacionalistas e socialistas para evitar que Leiva continuase na alcaldía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Santiso

Categoría:Alcaldes de Santiso Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes

Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Santiso Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2024