Bran é un nome propio de varón de orixe celta-galaica. O seu significado provén do galés-celta Bran "corvo". O nome coincide cun topónimo galego do concello de Santiso (Bran, Niñodaguia) e outro do concello de Oroso (Bran, Os Ánxeles), mais estes topónimos teñen orixe nun nome masculino medieval de orixe xermánica, Bera, procedente dunha raíz xermánica *bera(n) "oso", *baira "xabarín" ou beran "traer, levar".
En xaneiro de 2023 existían 59 varóns en Galicia co nome Bran, cunha media de idade de 14,4 anos.Nome Bran na Web do Instituto Galego de Estatística
Lenda Segundo a mitoloxía galesa, Bran era fillo da deusa do mar Llyr. Bran foi un afouto navegante nos mares do norte do Atlántico que foi cristianizado como san Brandán.
Bran na ficción Na literatura galega Como personaxe da mitoloxía celta, Bran tamén foi protagonista en obras galegas sobre a materia de Bretaña. Aparece no poema de Álvaro Cunqueiro, “Os oficios de Bran”, publicado en Herba de aquí e de acolá (1980). Bran tamén aparece na historia “Fría Hortensia” (1982) de Xosé Luís Méndez Ferrín. Por outra parte, Darío Xohán Cabana usou este personaxe no seu soneto “Bran que era deus”, contido en Patria do mar (1989).
Na saga A Song of Ice and Fire Bran tamén é o nome dun personaxe creado polo estadounidense George R. R. Martin para a súa saga A Song of Ice and Fire, a cal foi adaptada na serie de televisión Game of Thrones.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Brandán (nome) Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Lista de nomes masculinos en galego Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe celta Categoría:Nomes masculinos galegos