Juan Garaizabal, nado en Madrid o 20 de marzo de 1971, é un artista conceptual, escultor e gravador español.
Artista polifacético, experimentou tamén co debuxo, videoarte, instalacións luminosas e acústicas. É coñecido internacionalmente polas súas esculturas públicas monumentais. Segundo o xornal El PaísInterruptores de la memoria. El País., é un dos artistas españois máis internacionais.
O seu proxecto persoal Memorias Urbanas recupera con estruturas escultóricas e luz elementos arquitectónicos desaparecidos, enchendo baleiros urbanos historicamente significativos.TVE (vídeo)
Traxectoria A súa traxectoria estivo ligada, en gran medida, aos proxectos monumentais nos que estivo centrado en cada fase da súa vida. A finais dos anos 90 do século XX, estabelécese en Berlín. Forma parte da xeración de artistas que transformaron toda a cidade nunha galería ao aire libre. A partir do ano 2012, comezou a pasar máis tempo nos Estados Unidos, en Miami, sen abandonar nin Berlín nin Madrid.
Realiza coas súas mans boa parte das súas obras, usando técnicas de forxa de ferro e aceiro, iluminación, carpintaría, albanelaría e materiais plásticos.
Instalacións públicas miniatura|Memoria Urbana en Berlín. miniatura|Memoria do Giardino de Juan Garaizabal.
2006: Blosque de Flores, Valencia, España. 2007: Memoria Urbana Bucarest, Uranus Area. Noaptea Alba, Rumania.2011: Arquives Stairway.Descubrir el Arte Private collection. Connecticut, United States. 2011: Arquives Stairway. Connecticut, Estados Unidos. 2012: Memoria Urbana Berlín, Alemaña.Berliner Morgenpost 2013: Memoria do GiardinoVenecia, Italia. Comisariado por Barbara Rose.La Vanguardia 2016: Memoria Urbana Miami; Balcón da Habana, Estados Unidos.CNN (Video) 2018 : Memoria Urbana Segovia Segovia, España 2018 : Hay Festival Segovia, España 2020 : Piedra Sobre Piedra [Toledo]], España 2020 : Ever Time Gate Xangai, China 2021 : Four Monumental Sculptures París, Francia 2021 : Fondation Prince Albert Mónaco 2021 : Biennale de Sculpture Saint-Paul-de-Vence, Francia 2023 : Ever Time Balcony Xangai, China 2024 : La Memoria del Vidrio Valencia, España 2024 : Land of Dilmun and Door of Dilmun Manama, Bahrain 2025 : Memoria Urbana: Les Bains Napoléon Biarritz, Francia 2025 : Ever Time Port Portugal
miniatura|Balcón da Habana no Museum Park de Miami.
Vida persoal Entre 1998 e 2007 cruzou en distintas etapas o continente africano desde Madrid até Cidade do Cabo. No presente vive e traballa entre Berlín e en Madrid, compaxinándoo con talleres temporais para outros proxectos. É pai de dúas fillas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Página web del artista Berliner Morgenpost ZDF (Video) El Universal L.A. Times ABC Huffington Post Descubrir el Arte el Nuevo Herald Miami New Times Latin American Herald Tribune Miami ABC Cultura
Categoría:Nados en 1971
Categoría:Nados en Madrid