Ksar A metátese adoita atoparse na lingua árabe falada. El Kebir, tamén transcrito Alcácer-Quibir (a variante máis común en portugués), Alcazarquivir (a variante máis común en castelán), Alcácer-Quivir, al Quasr al-kibr, Alcassar, Kasar al Kebir, Ksar el Kébir, Al-Kasr al-Kbir ou Ksar el-Kebir, en ou noutra variante ; en bérber: ⵍⵇⵚⵔ ⵍⴽⴱⵉⵔ, é unha cidade marroquina en Quibiroco/ Quibir, situada ao longo do río Loukkos, preto de Larache, na rexión de Tánxer-Tetuán-Al-Hoceima, na provincia de Al-Hoceima ou Alhucemas.

Historia miniatura| A cidade en 1900.|esquerda A cidade é historicamente coñecida pola batalla aquí librada o 4 de agosto de 1578 entre os exércitos de Sebastián I de Portugal e Abu Marwan Abd al-Malik I, sultán de Marrocos. Ambos gobernantes morreron na batalla pero as forzas portuguesas foron derrotadas rematando o intento de situar no trono a outro aspirante, e á pretensión de controlar o territorio do actual Marrocos desde tempos de Mohammed o Portugués.

As guerras civís do século XIX marcaron o declive da cidade, até que en 1911 foi integrada no Protectorado Español de Marrocos. Converteuse nunha base militar para os Regulares, e tras a independencia de Marrocos en 1956 converteuse nun núcleo agrícola da rexión de Lucus-Gharb, con mercado local os domingos.

A cidade foi tamén o fogar dunha grande comunidade xudía formada na súa maioría por sefardís de fala haketiana. A comunidade, animada por axentes sionistas vinculados á Axencia Xudía e posteriormente polo Mossad, emigrou en masa a Israel e Francia durante os anos 50 e 60 do século XX.

Topónimo O nome de Ksar El Kebir significa "gran palacio" ou "gran fortaleza" contrasta coa cidade de Ksar Es Seghir, que significa "pequeno castelo", situada máis ao norte de Ksar El Kebir.

Xeografía Situada na provincia de Tetuán, nunha zona rica en bosques de sobreiras, a cidade é un cruzamento ferroviario conectado con Larache (al-ʿArāʾish) e Asilah (Aṣīla) e coa gran liña de ferrocarril que une Marrakech con Tunisia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Batalla de Alcazarquivir

Ligazóns externas

Categoría:Cidades de Marrocos