Chvrches (estilizado CHVRCHΞS) é unha banda escocesa de pop procedente de Glasgow e formada en setembro de 2011. O grup está composto por Lauren Mayberry, Iain Cook, Martin Doherty e, de xeito non oficial dende 2018, Jonny Scott. Derivada principalmente do xénero synth-pop, Chvrches tamén incorpora indietrónica, indie pop e dance electrónico no seu son.
Dous anos despois da súa formación Chvrches publicou o EP Recover, que incluía os éxitos "The Mother We Share" e "Recover". O seu álbum de estrea, The Bones of What You Believe, foi editado o 20 de setembro de 2013, e a banda ocupou o quinto lugar na lista Sound of 2013 da BBC. Dous anos despois, o 25 de setembro de 2015, o grupo lanzou o seu segundo álbum, Every Open Eye. O seu terceiro traballo, Love Is Dead, apareceu o 25 de maio de 2018, e o cuarto , Screen Violence, o 27 de agosto de 2021.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloThe Bones of What You Believe2013Virgin Records, GoodbyeEvery Open Eye2015Virgin EMI Records, GoodbyeLove Is Dead2018Virgin EMI Records, GoodbyeScreen Violence2021EMI, Glassnote
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Glasgow Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais de electropop Categoría:Grupos musicais de rock electrónico Categoría:Grupos musicais de indietrónica Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais formados en 2011