Goodbye Mr Mackenzie é unha banda escocesa de rock alternativo formada en Bathgate, preto de Edimburgo, en 1981. No momento do seu pico comercial, o grupo estaba composto por Martin Metcalfe nas voces, John Duncan na guitarra, Fin Wilson no baixo, Shirley Manson e Rona Scobie nos teclados e coros, e Derek Kelly na batería.

A banda fíxose famosa a principios dos 80 tras editar dous sinxelos independentes, e posteriormente fichou por Capitol Records. O seu primeiro álbum, Good Deeds and Dirty Rags, entrou nas listas británicas, ao igual que o sinxelo "The Rattler", pero a banda viuse obstaculizada polos conflitos da compañía discográfica e non logrou abrirse camiño fóra do Reino Unido. O grupo separouse en 1993, facendo que Manson, Metcalfe, Wilson e Kelly formasen Angelfish para continuar na industria musical. Manson marcharía a Garbage en 1994, e Goodbye Mr Mackenzie tocou o seu derrradeiro concerto a finais de 1995."Goodbye Angelfish". Record Collector. 1 de febreiro de 1997

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloGood Deeds and Dirty Rags1989Capitol RecordsHammer and Tongs1991Radioactive Records/MCA RecordsFive1994Blokshok RecordsThe Glory Hole1996Blokshok Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de Escocia Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 1981