Jesús García Conde, finado en Arzúa na década de 1930, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Comerciante de Arzúa. Concelleiro de Arzúa, foi nomeado alcalde de Arzúa por Real Orden en 1909.Diario de Galicia, 19-11-1909, p. 1. Volveu ser nomeado alcalde de Arzúa por Real Orde en abril de 1910.La Voz de Galicia, 11-4-1910, p. 2. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Arzúa. Na República militou no Partido Radical e foi elixido alcalde de Arzúa o 31 de maio de 1931. Na asemblea provincial do Partido Radical de outubro de 1931 foi elixido subconselleiro.El Correo Gallego, 28-10-1931, p. 1. Permaneceu como alcalde ata o ano seguinte, abandonándoo por motivos de saúde.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia polo Partido Radical

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes