Federico Nogueira Pimentel, nado no concello de Viloudriz en 1879 e finado en Arzúa o 16 de xullo de 1965, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria A súa familia emigrou a Cuba e el mesmo estivo na illa con dezaseis anos. Instalouse en Arzúa e foi dono dun comercio de tecidos na vila. Na ditadura de Primo de Rivera foi depositario recadador municipal dende 1924 até 1925. Foi nomeado alcalde de Arzúa polo gobernador civil a finais de febreiro de 1924, tomando posesión o 24 de febreiro.El Ideal Gallego, 2-3-1924, p. 3. Cesou no cargo de alcalde o 29 de marzo dese mesmo ano, continuando como concelleiro. Na República foi elixido concelleiro de Arzúa tomando posesión o 31 de maio de 1931. Integrouse en Izquierda Republicana. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Arzúa e elixido primeiro tenente de alcalde.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, foi detido o 17 de xaneiro de 1937 e xulgado en Santiago de Compostela por rebelión con Alfonso Núñez López o 31 de marzo. Foi absolto. Mentres estivo detido embargáronlle o seu comercio de tecidos. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938.El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3. Finou en Arzúa o 16 de xullo de 1965 aos 88 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-7-1965, p. 10.

Vida persoal Casou en Pantiñobre con Carmen Pazo Iglesias en 1903, e foi pai de Carmen, Federico, Fernando, Mercedes, Manuel, Dolores e José Nogueira Pazo.El Ideal Gallego, 8-11-1942, p. 7.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Arzúa

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1965