Mönsterås é un concello sueco no condado de Kalmar. A súa capital é a localidade de Mönsterås e en decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 13 069 habitantes.
Xeografía Mönsterås está no centro do condado de Kalmar. O municipio limita ao norte co concello de Oskarshamn, ao oeste co de Hultsfred, ao suroeste co de Högsby e ao sur co de Kalmar. Ao leste ten unha fronteira marítima c concello de Borgholm, que está na illa de Öland.
As estradas do municipio de Mönsterås creceron ao longo dos esker que van desde o interior cara ao mar Báltico. As localidades de Ålem e Blomstermåla están no esker de Högsbyåsen, mentres que Mönsterås atópase en e nos arredores do de Mönsteråsåsen. Os ríos Emån e Alsterån, que atravesan o municipio, foron tamén ingredientes importantes para que xurdisen asentamentos nestas zonas. No concello hai unhas 300 illas de máis de 0,5 hectáreas e, ademais, hai moitos máis illotes e cons.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Kalmar