Ockelbo é un concello sueco no condado de Gävleborg. A súa capital é a localidade de Ockelbo. No mes de decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 5 715 habitantes.
A parte occidental do municipio está formada por terreo montañoso cuberto de coníferas e a oriental é relativamente cha. O establecemento da liña electrificada de ferrocarril "Norra stambanan" fixo que varias pequenas empresas se trasladasen a Ockelbo, converténdose a capital do concello nunha importante cidade estación.
Xeografía O concello de Ockelbo atópase principalmente na parte noroeste da provincia histórica de Gästrikland, aínda que o distrito de Lingbo ao norte está no landskap de Hälsingland. O municipio limita ao norte cos concellos de Bollnäs e Söderhamn, ao leste co de Gävle, e ao sur co de Sandviken, todos eles no condado de Gävleborg, e ao oeste limita co municipio de Falu no condado de Dalarna.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Gävleborg