miniatura|230px
O bacurau norteamericano (Chordeiles minor) é unha especie de ave da orde dos caprimulxiformes e familia dos caprimúlxidos propia de América.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1771 polo naturalista e pastor luterano alemán de orixe escocesa Johann Reinhold Forster.Chordeiles minor (J.R.Forster, 1771) no GBIF. Consultado o 2 de xaneiro de 2023.Chordeiles minor (J. R.Forster, 1771) na BioLib. Consultada o 2 de xaneiro de 2023.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido a especie coñeceuse tamén polo nome de: Caprimulgus minor J.R.Forster, 1771 (protónimo)
Subespecies Recoñécense as seguintes subespecies: Chordeiles minor aserriensis Cherrie, 1896 Chordeiles minor chapmani Coues, 1888 Chordeiles minor henryi Cassin, 1855 Chordeiles minor hesperis Grinnell, 1905 Chordeiles minor howelli Oberholser, 1914 Chordeiles minor minor (J. R. Forster, 1771) Chordeiles minor neotropicalis Selander & Alvarez del Toro, 1955 Chordeiles minor panamensis Eisenmann, 1962 Chordeiles minor sennetti Coues, 1888
Nota taxonómica O nome específico, minor ("menor"), pode causar confusión. Orixinariamente esta especie encadrouse no xénero Caprimulgus, e é, de feito, máis pequena ca algúns outros membros dese xénero, como Caprimulgus vociferus. Porén, cando se integrou no xénero Chordeiles, resultou ser máis grande que Chordeiles acutipennis.
Características Os adultos son escuros coa plumaxe castaña, con patróns grises e brancos no dorso e no peito; as ás, longas, son negras e mostran unha barra branca en voo. A cola é escura cunha raia cruzada branca; a parte superior das ás escuras con raia branca.
O macho adulto ten a gorxa branca; a femia ten unha gorxa de cor castaña clara.
Historia natural Invernan en América do Sur; migran en bandadas. É raro velo en Europa occidental.
O seu hábitat de cría é América do Norte. Normalmente aniñan no chan espido, ás veces en toros de árbores costadas ou en terrazas de area grosa. As femias poñen dous ovos directamente na terra, no hai niño. A incubación realízaa a femia e dura aproximadamente 20 días. O polo xove voa aos 20 días de idade.
Pode haber unha segunda camada na parte do sur dos Estados Unidos.
Capturan insectos ao voo, buscando alimento principalmente cerca da alba e do crepúsculo, ás veces pola noite con lúa chea ou cerca da iluminación das rúas.
A chamada normalmente é curta. O macho realiza un despregue das ás durante o cortexo, mentres emite un son.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Caprimulxiformes CaprimúlxidosChordeiles Ligazóns externas USGS Cornell University--All About Birds Birdweb University of Michigan BioKids American Heritage Dictionary--entry for bullbat''
Categoría:Caprimulxiformes Categoría:Aves de América Categoría:Animais descritos en 1771