Anselmo Raguileo Lincopil, nado o 3 de maio de 1922, e finado o 29 de febreiro de 1992, foi un lingüista, historiador, investigador e poeta do pobo mapuche. É coñecido por desenvolver un sistema de escritura para a lingua mapuche, chamado «grafemario mapuche» ou «alfabeto Raguileo».
Traxectoria Anselmo Raguileo naceu o 3 de maio de 1922 na comunidade Saltapura, que se atopa a 16 quilómetros ao sueste de Nueva Imperial, na rexión de Araucanía. Os seus estudos primarios realizounos na misión de Boroa e posteriormente na Escola Misional de Padre Las Casas. Realizou os seus estudos secundarios na Escola Industrial de Temuco, graduándose como técnico de oficio en metalurxia.
Posteriormente, trasladouse a Santiago de Chile para estudar Química na Escola de Artes e Oficios. Graduouse como técnico químico en 1944. Entre 1952 e 1956, estudou lingüística e traballou como profesor de lingua e cultura mapuches no Instituto Pedagóxico da Universidade de Chile.
En 1973, titulouse como enxeñeiro de execución en química na Universidade Técnica do Estado. Tralo golpe militar, foi perseguido e exonerado do seu traballo en Ferrocarrís do Estado.
En 1980, volveu a Temuco, onde traballou no Centro Asesor Planificación y Desarrollo (CAPIDE). Nesta institución, realizou investigacións en comunidades mapuches de Malleco, Lumaco (Lonkoyán), Lautaro, Nueva Imperial, Osorno (San Juan de la Costa), Concepción e Panguipulli.
Grafemario mapuche En 1982, publicou a creación do grafemario mapuche, un sistema de escritura para o mapuche. O alfabeto caracterízase pola representación dos sons do mapuche por unha soa letra. Por exemplo, a palabra mapuche, en alfabeto Ranguileo escríbese mapuce. Neste caso, o son postalveolar africado xordo /t͡ʃ/, representado en castelán e outros alfabetos mapuche co grupo consonántico ou dígrafo ch, no alfabeto Raguileo represéntase coa letra c.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Anselmo Raguileo. Gramática da lingua mapuche de Raguileo Lincopil, en http://www.futatraw.org.ar/
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Pobo mapuche Categoría:Finados en 1992 Categoría:Lingüistas de linguas indíxenas de América do Sur Categoría:Lingüistas da lingua mapuche