Francisco Patiño Díaz, nado en Vilaesteva (O Saviñao), foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Comerciante de tecidos de Escairón. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado xuíz municipal suplente do Saviñao. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado presidente da comisión xestora do Saviñao.BOP de Lugo, 19-8-1936, p. 1. Permaneceu no cargo ata outubro de 1936.

Vida persoal Casou con Estrella Pacios Fernández e foi pai de María Esperanza e Luis Patiño Pacios.

Notas

Categoría:Alcaldes do Saviñao Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido