Para outros membros desta familia de medallistas ingleses, véxase a páxina de homónimos Wyon Para o fillo de Thomas Wyon, chamado igual, véxase a páxina Thomas Wyon, o Novo

Thomas Wyon, o Vello, nado en Birmingham en 1767 e finado en Londres 18 de outubro de 1830, foi medallista e gravador inglés que ocupou o cargo de gravador xefe de selos do rei.

Wyon foi o pai de Thomas Wyon, o Novo, gravador xefe da Royal Mint, así como do tamén medallista Benjamin Wyon e do escultor Edward William Wyon.Wroth, W. W. (1900).Forrer, L. (1916). Páxina 636.

Traxectoria Thomas Wyon era o maior dos catro fillos do gravador George Wyon,Forrer, L. (1916). Páxina 635. orixinario de Colonia, Alemaña, que se desprazara a Inglaterra no séquito de Xurxo I (1714-1727) e traballara na ceca de Soho da man de Matthew Boulton.

Cara a 1796, Thomas comezou a traballar en Birmingham como gravador de cuños co seu irmán Peter Wyon, o pai de William Wyon, tamén gravador xefe da Royal Mint. En 1797 ambos residían en Lionel Street, en Londres. Os irmáns gravaron numerosos cuños para fichas e moedas privadas (tokens), moitas das cales reproducen edificios de Coventry. Algúns dos seus traballos non están asinados e noutros casos márcanse coa inicial W ou co apelido completo WYON.

A partir de 1800, Peter continuou en Birmingham e Thomas Wyon trasladouse en Londres e o 30 de setembro de 1816 foi nomeado gravador xefe dos selos reaisForrer, L. (1916). Páxinas 635-636.

Wyon faleceu o 18 de outubro de 1830 en Nassau Street, Londres.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Forrer, L. (1916). "Wyon, Thomas (I) the Elder". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 635-641. Wroth, W. W. (1900). "Wyon, Thomas, the Elder". En Dictionary of National Biography. Vol. 63. Smith, Elder & Co., Londres.

Categoría:Nados en 1767 Categoría:Finados en 1830 Categoría:Nados en Birmingham Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Medallas Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Personalidades sen imaxes