Arcadio Silvosa Alonso, nado en San Xiao de Mos o 7 de agosto de 1958, e finado en Lugo o 9 de xaneiro de 2023, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Foi alumno do Instituto masculino de Lugo, onde recibiu clase de Xesús Alonso Montero, e onde coincidiu con Cuchús Pimentel.
Traballou como xornalista desde a década dos oitenta. Primeiro empezou no xornal El Ideal Gallego, na súa delegación luguesa, e despois deu o salto á radio, onde traballou na Ser (Radio Lugo) durante moitos anos. Na Ser foi unha referencia na cidade e chegou a ocupar o posto de xefe de informativos.
Ademais, tamén traballou como xornalista de televisión, en Televisión Lugo (fundada por Xulio Xiz), e na prensa escrita (delegado en Lugo de El País e da axencia EFE). Tamén ocupou cargos directivos na Asociación de Prensa de Lugo e foi secretario da Asociación de Veciños de San Froilán.
En 2011 presentouse na candidatura do PP ás eleccións municipais por Lugo como número dous, logo de Xaime Castiñeira, e saíu escollido concelleiro. Porén, non ocupou responsabilidades de xestión, senón na oposición. En 2012 sufriu un ictus, que o deixou paralizado de medio corpo, e abandonou a vida política. Presentouse de maneira simbólica pechando a lista do PP nas eleccións de 2015 pero loxicamente tampouco saíu elixido.
Retirado a unha residencia de Outeiro de Rei, pasou alí os derradeiros anos, se ben faleceu no hospital lugués.
Notas
Categoría:Xornalistas de Castro de Rei
Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia
Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes