Phytophaga (fitófagos) é un clado de escaravellos dentro da infraorde Cucujiformia que comprende as superfamilias Chrysomeloidea e Curculionoidea, que se distinguen polo seu hábito de comer plantas xunto con ter tarsos pseudotetrámeros ou criptopentámeros, nos que o cuarto segmento tarsal está tipicamente moito máis reducido ou agochado polo terceiro segmento tarsal. Os Cucujoidea son un grupo irmán dos Phytophaga. Nalgunha literatura vella o termo Phytophaga aplicábase só aos Chrysomeloidea.
A diversificación de especies dentro de Phytophaga pénsase que está asociada coa especiación das plantas anxiospermas. O hábito de comer plantas destes insectos puido orixinarse por un cambio desde o hábito de comer microfungos e esporas (nos estróbilos e cícadas) ou os hábitos saprotróficos dos seus antepasados. Con preto de 125 000 especies descritas son a segunda liñaxe máis grande de insectos fitófagos despois da orde dos Lepidoptera. Os encimas glicósido hidrolase da familia 45 (GH45) só están codificados nos xenomas dos escaravellos fitófagos. A GH45 que posúen os Phytophaga degrada 3 substancias principais: celulosa amorfa, xiloglicano e glicomanano. A GH45 está composta de secuencias fúnxicas, adquiridas por transferencia de xenes que pertencían a fungos.
Notas
Categoría:Cucujiformia