dereita|miniatura| Fábula del escriba de Eugenio Montejo Eugenio Montejo, ás veces asinando co pseudónimo Eduardo Polo, nado en Caracas o 19 de outubro de 1938 e finado en Valencia, Venezuela o 5 de xuño de 2008, foi un poeta, ensaísta e asesor cultural venezuelano.
Traxectoria Foi fundador da revista Azar Rey e cofundador da Revista de Poesía da Universidade de Carabobo. Foi investigador do Centro de Estudos Latinoamericanos "Rómulo Gallegos" de Caracas, e colaborador de gran número de revistas nacionais e estranxeiras. En 1998 recibiu o Premio Nacional de Literatura e en 2004 o Premio Internacional "Octavio Paz" de Poesía e Non Ficción. Un dos seus poemas está citado na película do director mexicano Alejandro González Iñárritu 21 gramos.
Eugenio Montejo traballou en varias ocasións en Lisboa, na embaixada de Venezuela en Portugal, como conselleiro cultural.
Poemas infantís Publicou poemas para nenos co pseudónimo de Eduardo Polo. Entre estes traballos destaca Chamario, de 2003, da que algúns poemas foran anticipados noutros libros (como a antoloxía Poemas con sol y son, de 2001), pero na súa forma definitiva é un libro inseparable das ilustracións feitas por Arnal Ballester. A súa poesía para nenos ( chamos, de aí o título do libro) caracterízase pola súa ruptura coas convencións, como a rima, por exemplo, que respecta e destrúe ao mesmo tempo: “Un niño tonto y retonto / sobre un gran árbol se montó. / Con su pelo largo y rubio / hasta la copa se subió"; a experimentación lingüística con fins lúdicos: "La bici sigue la cleta / por una ave siempre nida / y una trom suena su peta... / ¡Qué canción tan perseguida!"; en xeral, a presenza de elementos absurdos, cando menos os espera o lector. Por exemplo, escribiuse sobre a súa obra: “Os seus poemas musicais, intelixentemente humorísticos, até parecer sinxelos pero cuxa composición revela talento poético e un gran dominio da linguaxe”.Luis Daniel González, Bienvenidos a la fiesta (en castelán)
Obras poéticas
Elegos (1967) Muerte y memoria (1972) Algunas palabras (1977) Terredad (1978) Trópico absoluto (1982) Alfabeto del mundo (1986) Adiós al Siglo XX (1992) Chamario (2003, para nenos)
Ensaio
La ventana oblicua (1974) El taller blanco (1983) El cuaderno de Blas Coll (1981)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
EL AZAR REY (Manifesto; uc.edu.ve)
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Caracas Categoría:Finados en 2008 Categoría:Poetas de Venezuela Categoría:Escritores de Venezuela Categoría:Diplomáticos de Venezuela