Dionisio Fernández Álvarez (artisticamente autodenominouse Dionisio Fierros Álvarez), nado en Cudillero o 5 de maio de 1827 e finado en Madrid o 28 de xuño de 1894, foi un pintor do romanticismo, de orixe asturiana, moi vinculado a Galicia, retratista, autor de cadros de historia e escenas de costumes.. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da de San Salvador de Oviedo., Tomás y , Elena (2004). «Biografía de Dionisio Fierros». Biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica en línea [Internet]. Editorial Biografías y Vidas, Barcelona, 2004.

Traxectoria miniatura|262px|Muiñeira, gravado a partir dunha pintura de Fierros. La Ilustración Gallega y Asturiana n.º XX, 20/7/1879."Os instrumentos musicais na tradición galega" Consello da Cultura Galega. Nado no ámbito rural asturiano, fillo de Nicolás Fernández Fierros e de María Álvarez del Valle, viaxou a Madrid con catorce anos de idade. Formouse nos talleres de José de Madrazo e Federico de Madrazo, na Real Academia de San Fernando e como copista do Museo del Prado.

En 1858 expuxo cinco retratos e tres composicións en Santiago de Compostela, obtendo a medalla de honor.

Teñen obra súa institucións como o Museo del Prado,"Fierros Álvarez, Dionisio" no Museo del Prado . a Deputación da Coruña,, A. et al. (2011). Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de A Coruña II. Artes plásticas (1990-2010). ISBN 978-84-9812-149-0 . o Museo de Belas Artes da Coruña,Museo de Belas Artes da Coruña o Concello de Santiago de Compostela, a Colección Afundación, o Concello de Vigo (Pinacoteca Francisco Fernández del Riego/Museo Quiñones de León),"Siglo XIX e rexionalismo" museodevigo.org. o Museo de Belas Artes de Asturias,Museo de Belas Artes de Asturias o Monasterio del Escorial… e diversas coleccións privadas.

En 1966 fíxose unha mostra antolóxica no Ateneo de Madrid, e de marzo a abril do ano 2000 unha exposición no Centro Cultural Caixavigo titulada Dionisio Fierros (1827-1894): Íntimo y mundano., José Manuel B.; , Rosa María (2000). Dionisio Fierros, 1827-1894: Íntimo y mundano Caixavigo e Ourense.

Galería de imaxes

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Pintura do romanticismo Dionisio Gamallo Fierros (neto) Ligazóns externas

Bibliografía sobre Fierros en pintoresgallegos.com

Categoría:pintores de Galicia do século XIX Categoría:Nados en Cudillero Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1894 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Pintores de Asturias Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Pintores do Romanticismo