miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade nos Estados Federados de Micronesia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Os Estados Federados de Micronesia ratificaron a convención o 22 de xullo de 2002, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Nan Madol foi o primeiro lugar dos Estados Federados de Micronesia incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 40ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Istanbul (Turquía) en 2016. É o único sitio dos Estados Federados de Micronesia declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Micronesia Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Nan Madol200px| Pohnpei 2016 1503; iii, iv, vi (cultural)

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En 2025, Micronesia incluíu un ben na súa lista provisional.

+ Sitio provisional Sitio Imaxe Localización (estado) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Sitios rexionais de diñeiro en disco yapese150px|alt=Unha pedra rai preto da aldea de Gachpar no estado de YapYap2004I, II, III, IV (cultural)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país