Harry & Meghan é unha serie documental estadounidense de Netflix, protagonizada por Henrique de Sussex e Meghan de Sussex. A serie ten seis partes e abrangue a relación da parella dende o seu primeiro encontro aé a súa decisión de renunciar á familia real británica e a formar parte das súas actividades. Tamén inclúe entrevistas a familiares, amigos, historiadores e xornalistas.

A serie estreouse en dúas partes: tres episodios dunha hora o 8 de decembro de 2022, e tres máis, unha semana despois o 15 de decembro. Recibiu valoracións mixtas por parte da crítica. De acordo con BARB, foi a estrea máis vista dun programa de Netflix en 2022 no Reino Unido. Ostenta o récord do debut máis grande dun documental de Netflix cun total de 81,6 millóns de horas de visualización nos seus primeiros catro días de estrea, que suman máis de 28 millóns de fogares.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2022 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América