Edu Lavandeira, nado en Vigo en 1981, é un director, realizador e creativo audiovisual. Traxectoria Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Director da serie documental Buscadores de naufraxios da Televisión de Galicia, gañadora do Premio Mestre Mateo ao Mellor Programa no 2019. Creador da serie documental Maestros del pan sobre os mestres panadeiros españois (Canal Cocina e El Gourmet) e Bomberos cocineros sobre os pratos que cociñan os bombeiros durante as gardas de traballo (2022). Coñecido como @opelouro nas redes sociais nas que comparte información sobre a elaboración de pan caseiro, especialmente pan galego.
Obra Pan galego. Receitas e historias do mellor pan do mundo (2024). Vigo: Xerais. 256 páxs. ISBN 978-84-1110-502-6. ePub: ISBN 978-84-1110-509-5.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1981 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Directores de cinema de Galicia
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes