Dragon foi o nome dunha serie de foguetes sonda franceses de dúas etapas que estiveron en servizo entre 1962 e 1973.

Características Os foguetes Dragon estaban formados por dúas etapas: unha primeira Stromboli e unha segunda Belier nalgunha das súas variantes. Así, o Dragon 1 usaba unha Belier I como segunda etapa, o Dragon 2 unha Belier II e o Dragon 3 unha Belier III.

Podían chegar a alturas de ata 560 km e foron usados para o estudo da atmosfera superior e da ionosfera, así como para a observación do Sol en raios X e ultravioleta

Notas

Véxase tamén Outros artigos Stromboli (foguete) Belier

Categoría:Foguetes sonda