O pintor Haimon foi un pintor e debuxante grego anónimo do século V a. C., O seu nome é descoñecido, pero as características individuais do estilo suxiren a existencia dunha personalidade artística única. O seu obradoiro foi especialmente produtivo, e máis de 600 dos seus vasos sobreviviron.

Nome historiográfico miniatura| Lécito obra do pintor Haimon. Tres amazonas e Heracles. Museo de Arte Walters .|esquerda|277x277px Moitos oleiros e pintores da Grecia antiga eran anónimos, as sinaturas eran confusas ou mesmo é diíficl para a historiografía grega determinar se un mesmo mesmo artista era á vez autor da peza cerámica e da pintura.

O pintor Haimon foi chamado así por C. H. E. Haspels e John Beazley por mor dun tema recorrente na súa pintura de vasos de figuras negras: a Esfinxe e a súa vítima, a última das cales, segundo a un mito grego -era Haimon.

Obras Este pintor especializouse principalmente en lekythoi e estivo moi relacionado con outros pintores de vasos atenienses contemporáneos.

Notas

Véxase tamén

Pintura da Grecia antiga Cerámica da Grecia antiga / Cerámica grega

Bibliografía

Thomas Mannack : Griechische Vasenmalerei. Eine Einführung. Theiss, Stuttgart 2002, .

Categoría:Pintores de Grecia Categoría:Olaría da Grecia antiga