O espírito do cabaleiro (en ) é unha novela de literatura xuvenil escrita pola autora alemá Cornelia Funke. Unha adaptación teatral da novela foi representada no Thalia Theatre de Hamburgo en 2012.Geisterritter at Thalia Theater [texto alemán]

Traduciuna ó galego María Xesús Bello Rivas e publicouna Edicións Xerais en outubro de 2011.

Sinopse A novela está narrada por Jon Whitcroft, de 11 anos, que é enviado contra a súa vontade a un internado en Salisbury despois dunha campaña sen éxito para desfacerse do noivo da súa nai, a quen chama desdeñosamente O Barba. Unha vez no internado, descobre, para a súa decepción, que non está nada mal.

Na súa sexta noite escoita o bufar dos cabalos e ve a tres xinetes a cabalo: todos transparentes, con contusións escuras e os ollos queimados. Ningún dos outros rapaces pode velos. Á noite seguinte, as pantasmas reaparecen e perseguen a Jon ata as paredes da catedral. Chámanlle "Hartgill" (o nome de solteira da súa nai) e prometen volver e matalo.

A procura desesperada de Jon para descubrir por que as pantasmas están detrás del lévao ao misterio dun asasinato centenario. Mentres tanto, aínda é perseguido polas pantasmas vingativas, polo que coa axuda dunha nova amiga, Ella, convoca a unha nobre pantasma: Sir William Longspee, o Cabaleiro Pantasma do título, para protexelo. Finalmente descobren unha verdade complicada e corrixen un terrible mal.

Notas

Categoría:Obras literarias de 2011 Categoría:Obras literarias en alemán Categoría:Obras traducidas do alemán ao galego‎