Chrysomelinae é unha subfamilia de escaravellos crisomélidos. Comprende unhas 3000 especies distribuídas por todo o mundo.
O membro máis coñeido da subfamilia é quizais o escaravello da pataca (Leptinotarsa decemlineata), unha importante praga agrícola.
Descrición
Os adultos dos Chrysomelinae son escaravellos coas seguintes características: antenas inseridas en ou adxacentes á marxe anterior da cabeza; a cara interna das mandíbulas con grandes prostecas membranosas; as ás con só unha célula anal (ás veces as ás están reducidas ou ausentes); brazos do metendoesternito lateral sen lobos; fémures sen esclerito resorte interno; esporas tibiais ausentes; tarsos sen setas bífidas; ausencia de mecanismo estridulatorio; edeago do macho sen anel teguminal e os testículos non fusionados sen unha membrana común; o aparato rectal (kotpresse) das femias ausente. 50px O texto foi copiado desta fonte, que está dispoñible baixo unha licenza Creative Commons Attribution 4.0 International. En canto á aparencia xeral, o corpo é convexo, redondo ou oval e a miúdo vivamente coloreado. As cores e padróns poden variar incluso dentro dunha mesma especie. As especies non voadoras (polo menos na fauna crisolmelina australiana) tenden a ser pequenas e escuras e tamén nocturnas.
As larvas poden recoñecerse por ter o seguinte: 6 pares de stemmata na cabeza; palpos labiais de dous segmentos; mandíbulas palmadas; labro libremente articulado; espiráculos anulares; patas presentes, con apéndices paroniquiais e pretarso; estoxo non transportable.
Tanto os adultos coma as larvas teñen glándulas que segregan produtos químicos para defenderse dos predadores.
Dieta
Os Chrysomelinae son herbívoros e aliméntanse xeralmente de follas de plantas, menos comunmente de flores. Hai variacións xeográficas: os crisomelinos do hemisferio norte temperado aliméntanse principalmente de plantas herbáceas anuais ou perennes, mentres que os do hemisferio sur temperado prefiren comer de arbustos leñosos e árbores.
Coñécense algúns Chrysomelinae nos que hai canibalismo larval.
Ciclo vital
O ciclo vital xeral dos Chrysomelinae empeza co depósito de ovos sobre a planta hóspede. Estes fan eclosión liberando larvas que se alimentan de plantas. Cando están totalmente desenvolvidos, as larvas baixan ao chan para pupar. Os adultos saen da pupa e aliméntanse de novo da planta hóspede e tamén se reproducen. Hai variacións neste ciclo, como o ovoviviparismo (as larvas saen do ovo no momento en que estes se poñen) ou o viviparismo (párense as larvas), os ovos son tirados desde a planta hóspede, ou a pupación ocorre sobe as plantas (Plagiodera).
Comportamento
As larvas de varias especies forman grupos, posiblemente como defensa contra os predadores e parasitoides, mentres que outras especies teñen larvas solitarias. Nos adultos de Zygogramma appendiculata tamén se observou agregación.
As larvas dalgúns Platyphora adhírense a tricomas das súas plantas hóspede cos pelos do dorso, posiblemente para camuflarse.
O finximento da morte é un comportamento que ocorre en adultos e larvas de varias especies.
Algunhas especies de Chrysomelinae realizan moitos coidados maternos para o que é normal en insectos. Non só localizan lugares ricos en alimentos para depositar alí os ovos, senón que protexen tanto os ovos coma as larvas despois da eclosión.
Historia evolutiva
Os membros máis antigos da familia son varias especies do xénero Mesolpinus, pertencentes á antiga tribo monotípica extinguida dos Mesolpinini, coñecidos desde o Aptiano na formación Yixian da China.
Xéneros seleccionados Nesta subfamilia están incluídos os seguintes xéneros:
Agasta Alfius Callidemum Calligrapha Calomela Cecchiniola Chalcolampra Chrysomela Chrysolina Colaphellus Colaspidema Crosita Cyrtonastes Cyrtonus Dicranosterna Doryphora Entomoscelis Gastrophysa Geomela Gonioctena (inclúe Phytodecta) Hydrothassa Labidomera Lamprolina Leptinotarsa Linaedea Machomena Microtheca Oomela Oreina †Paleophaedon Paropsides Paropsis Paropsisterna Peltoschema Phaedon Phratora Phola Plagiodera Prasocuris Promechus Proseicela Rhaebosterna Sclerophaedon †Stenaspidiotus Timarcha Timarchida Trachymela Zira Zygogramma
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Clave para os xéneros británicos de Chrysomelinae