Buprestis aurulenta é unha especie de escaravello da familia dos bupréstidos.

O adulto é de cor verde iridescente, cun bordo laranxa brillante nos élitros. As larvas de B. aurulenta viven dentro de diversas coníferas e poden sobrevivir durante longos períodos en madeira seca. O 27 de maio de 1983, un exemplar saíu das madeiras dunha escaleira dunha casa de Essex, Reino Unido, despois de estar vivindo dentro da madeira en forma de larva durante polo menos 47 anos.

Viven na zona do noroeste do Pacífico dos Estados Unidos e chegan polo norte ata o sur da Columbia Británica canadense e polo sur a través das Montañas Rochosas chegan a México. Son raros en Alberta, Canadá e recolléronse algúns espécimes en Manitoba.

Notas

Categoría:Elateriformia Categoría:Animais descritos en 1767 Categoría:Taxons descritos por Linné