Manuel Amador Guerrero, nado o 30 de xuño de 1833 en Turbaco (Departamento de Bolívar, República de Nova Granada) e finado o 2 de maio de 1909 na cidade de Panamá, foi o primeiro presidente da República de Panamá.

Traxectoria Guerrero foi membro do Partido Conservador, oficial médico do Exército panameño e líder da revolución de 1903 contra Colombia. A partir do día 4 de novembro de 1903 até o 1 de outubro de 1908 foi presidente da nova República de Panamá. O seu sucesor como Presidente foi José Domingo de Obaldía.

A Orde de Manuel Amador Guerrero, a máxima condecoración que concede Panamá, leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Gustavo Adolfo Mellander, Nelly Maldonado Mellander, Charles Edward Magoon: The Panama Years. Editorial Plaza Mayor, Río Piedras, Porto Rico 1999 1999, ISBN 1-56328-155-4, OCLC 42970390. Gustavo Adolfo Mellander: The United States in Panamanian Politics: The Intriguing Formative Years. Interstate Publishers, Danville 1971, OCLC 138568.

Categoría:Finados en 1909 Categoría:Nados en 1833 Categoría:Personalidades de Panamá Categoría:Personalidades de Colombia Categoría:Presidentes de Panamá Categoría:Nados en Colombia