Onymacris unguicularis é unha especie de escaravello que recolle auga da néboa nativo do deserto do Namib do sur de África. Son nativos dunha zona moi árida pero moi neboenta e teñen o hábito de apuntar a súa cabeza cara a atrás usando as patas e o resto do corpo para recoller auga. A néboa condénsase sobre o corpo do escaravello formando pingas de auga. Despois dirixe esas pingas cara a súa boca para hidratarse.
A adaptación deste escaravello ao seu hábitat extremadamente árido inspirou novas tecnoloxías. Kitae Pak, un esudante da Universidade Nacional de Tecnoloxía de Seúl, inventou o Dew Bank, unha botella de auga qye recolle auga do resío de xeito similar a como o fai o escaravello.IDSA Dew Bank
Notas
Categoría:Tenebriónidos Categoría:Animais descritos en 1875