Scarabaeus sacer, o escaravello sagrado, é unha especie de escaravello da familia dos escarabeidos e é a especie tipo do seu xénero.
Taxonomía
Scarabaeus sacer foi descrito por Carl Linnaeus na súa obra de 1758 Systema Naturae (10ª edición), a obra pioneira da nomenclatura zolóxica. É considerado a especie tipo do xénero Scarabaeus, malia que hai algunha controversia sobre unha posible designación do tipo do ano 1810 de Latreille, que foi resolta por unha resolución da Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica de 2014, que aceptou a designación de Hope's de 1837 de S. sacer como tipo en vez da designación de Latreille de 1810 de Dynastes hercules.
Distribución e hábitat Scarabaeus sacer vive en dunas costeiras e marismas arredor da cunca do Mediterráneo. Pode encontrarse no norte de África, sur de Europa e partes de Asia (Afganistán, Córsega, Chipre, Exipto, Etiopía, Francia, Irán, Israel, Italia, Marrocos, Sardeña, Sicilia, España, Sudán e Siria). Na Camargue Scarabaeus sacer é case exclusivamente costeiro e vive só en dunas e marismas costeiras. miniatura|250px|Scarabaeus sacer. Espécimes montados.
Descrición
A cabeza de Scarabaeus sacer ten un conxunto distintivo de seis proxeccións, que parecen raios. As proxeccións son uniformes con catro ou máis proxeccións en cada tibia das patas anteriores, creando un arco de catorce raios (ver ilustración). Funcionalmente as proxeccións son adaptacións para escavar e para darlle forma á bóla de excrementos.
Igual que as patas anteriores doutros escaravellos deste xénero, pero a diferenza dos escaravellos peloteiros da maioría dos outros xéneros, as patas anteriores de Scarabaeus sacer non son comúns; non acaban en ningún tarso recoñecible ou pé que leva as garras.Arrow, Gilbert John, 1873-1948. Coleoptera: Lamellicornia part 1. Publisher: Londres, Taylor and Francis. 1910. Download from: Só hai unha estrutura vestixial con forma de garra que podería ser dalgunha axuda para escavar. As patas medias e posteriores de Scarabaeus teñen tarsos de 5 segmentos normais ben desenvolvidos, pero as patas anteriores están especializadas para a escavación e para formar bólas de excrementos.
Ciclo vital e ecoloxía
miniatura|250px|esquerda|Scarabaeus sacer facendo rodar unha bóla de excrementos Entre as especies coprófagas de escaravellos, Scarabaeus sacer é típico dos que fan bólas de excrementos (ver escaravellos peloteiros). Levan as bólas rodando a lugares axeitados, onde escavan unha cámara subterránea na cal agochan a bóla. Despois comen a bóla durante varios días.
Cando a femia está lista para a reprodución, selecciona excrementos de textura fina para facer con eles a súa bóla para a reprodución e escava unha cámara especialmente profunda e grande para ela. Dálle á cámara forma de pera cunha cavidade oca na parte estreita. Nesa cavidade pon un só ovo grande. Seguidamente sela a cavidade e marcha do lugar para repetir o proceso noutra parte. Tipicamente unha femia con éxito de Scarabaeus sacer produce só aproximadamente media ducia de crías na súa vida. As larvas aliméntanse da bóla de excrementos unha vez que saen do ovo.
Scarabaeus sacer é o hóspede do ácaro forético Macrocheles saceri.
Historia e cultura miniatura|180px|Relevo gravado dun cartucho que representa a Tutmose III no muro do Recinto de Amón-Ra, Karnak no que aparece un escaravello sagrado
Scarabaeus sacer é o máis famoso dos escarabeidos. Para os antigos exipcios S. sacer era un símbolo de Khepri, a manifestación da mañanciña do deus sol Ra, por unha analoxía entre o comportamento do escaravello de facer rodar o bóla de excrementos polo chan e a tarefa de Khepri de facer rodar o Sol polo ceo. En consecuencia, consideraban que esta especie era sagrada.
Os exipcios tamén observaron como emerxían os escaravellos xoves da bóla, do cal inferiron erradamente que o macho podía reproducirse se necesidade da femia, simplemente inxectando o seu esperma na bóla. Por iso, estableceron un paralelismo co seu deus Atum, que tamén procreou fillos por si só.
Scarabaeus sacer foi a especie que primeiro suscitou o interese de William Sharp Macleay e encamiñouno á carreira de entomoloxía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos O escarabeo no Antigo Exipto Escarabeo
Ligazóns externas
Categoría:Scarabaeiformia Categoría:Animais descritos en 1758