Os centros históricos de Berat e Gjirokastër (en ) son un conxunto histórico que abrangue as cidades de Berat e Gjirokastër, no sur de Albania. Gjirokastër foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2005, mentres que Berat foi engadido como unha extensión do sitio en 2008. Están inscritas como exemplos raros da arquitectura típica do período otomán.

Berat é coñecida como a cidade das mil fiestras e considérase un dos tesouros arquitectónicos de Albania. Aínda son evidentes vestixios ben conservados na cidade dos ilirios, dos gregos, dos romanos, dos bizantinos e dos otománs, con castelos e mansións, antigas igrexas e mesquitas e impresionantes pinturas murais. Ao longo dos séculos, Berat foi o lugar onde conviviron en paz diversas relixións e comunidades.

Gjirokastër, coñecida como a cidade de pedra, esténdese no lado empinado do val do río Drino, con vistas á paisaxe histórica cunha pintoresca arquitectura de pedra enmarcada por montañas a cada lado. Como a maioría das outras cidades de Albania, Gjirokastër posúe tesouros arquitectónicos de varias civilizacións que previamente conquistaron a rexión.

Galería de imaxes Berat

Notas

Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Albania

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Albania Categoría:Distritos históricos