esquerda|miniatura|Zopherus nodulosus Zopherus é un xénero de escaravellos da familia dos zoféridos que comprende 19 especies distribuídas en América do Norte. Están adaptados a perforar a madeira.

Etimoloxía O nome Zopherus procede do , que significaba 'escuro, fusco' ou 'gris'.

Distribución miniatura|esquerda|Zooféridos utilizados como xoias. As especies de Zopherus viven só en América, onde están distribuídos desde Venezuela ao sur dos Estados Unidos de América.

Descrición

Son longos e cilíndricos con exoesqueletos grosos. Os élitros son tan grosos que a miúdo cómpre perforar con trade un buraco para montar os espécimes para exposición. As especies que viven ao norte de río Grande son case todas de cor uniformemente negra, mentres que as especies tropicais teñen todas un forte deseño de cores contrastantes negra e branca. A cabeza do animal está en gran parte agochada baixo o tórax. Os élitros está fusionados, o que fai que os Zopherus non poidan voar.

Ecoloxía

As especies de Zopherus están adaptadas a perforar a madeira, algunhas especies mesmo poden perforar madeira san, pero outras só madeira morta. Z. tristis vive baixo a codia de Tamarix no deserto do Colorado, mentres que Z. granicollis perfora no colo das raíces de Pinus jeffreyi e Pinus monophylla.

Uso como xoias vivas A especie Zopherus chilensis do Iucatán, México foi utilizada en xoiaría como unha xoia viva.Observaciones sobre la biología del Maquech, Zopherus chilensis Gray, 1832 (Coleoptera: Zopheridae) en Yucatán, México. Jesús Miss e Enrique Reyes Novelo Consultado o 14 de xuño de 2012.

Taxonomía O xénero Zopherus comprende especies que previamente estaban encadradas noutros xéneros, Megazopherus, Zopherinus e Zopherodes, todos os cales foron agora sinonimizados dentro de Zopherus. Moitas das especies tamén foron coñecidas por diversos sinónimos taxonómicos. O xénero foi creado inicialmente en 1832 por George Robert Gray, usando a ortografía Zopheros. Isto foi despois emendado por Laporte de Castelnau á transliteración máis usual Zopherus; non obstante, a autoría debe adxudicárselle a Gray e non a Laporte, como moitos autores teñen feito.

Especies Charles A. Triplehorn recoñeceu 19 especies na súa monografía de 1972:

Zopherus angulicollis Champion, 1884 Zopherus championi Triplehorn, 1972 Zopherus chilensis Gray, 1832 Zopherus concolor LeConte, 1851 Zopherus elegans Horn, 1870 Zopherus gracilis Horn, 1867 Zopherus granicollis Horn, 1885 Zopherus jansoni Champion, 1884 Zopherus jourdani Sallé, 1849 Zopherus laevicollis Colier, 1841 Zopherus mexicanus Gray, 1832 Zopherus nervosus Solier, 1841 Zopherus nodulosus Solier, 1841 Zopherus opacus Horn, 1867 Zopherus sanctaehelenae (Blaisdell, 1931) Zopherus solieri Triplehorn, 1972 Zopherus tristis LeConte, 1851 Zopherus uteanus (Casey, 1907) Zopherus xestus Triplehorn, 1972

Notas

Categoría:Cucujiformia