Mecynorhina torquata é unha especie de escaravello da subfamilia Cetoniinae, tribo Goliathini.
Descrición
Mecynorhina torquata está entre os Cetoniinae máis grandes do mundo, só superado polos escaravellos goliat. Os machos chegan aos 55-85 mm de lonxitude e as femias son lixeiramente menores, chegando a uns 50-60 mm de lonxitude. A cor básica é verde con marcas brancas nos élitros. Os machos teñen un corno na parte frontal. As larvas poden acadar os 80 mm de lonxitude nos machos, cun peso duns 30-40 g.
Distribución
Son nativos de África tropical, especialmente na República Democrática do Congo, Camerún e Uganda.
Investigacións
Creáronse cyborgs de M. torquata implantándolle eléctrodos e un aparello de radio. Enviando sinais de radio para facer que os eléctrodos estimulasen os músculos, é posible controlar o camiñar e o voo do escaravello.
Subespecies Mecynorhina torquata immaculicollis (Kraatz, 1890) Mecynorhina torquata poggei (Kraatz, 1890) Mecynorhina torquata torquata (Drury, 1782) Mecynorhina torquata ugandensis Moser, 1907 – ás veces tratado como unha especie separada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biolib Beetlespace
Categoría:Scarabaeiformia Categoría:Animais descritos en 1782