George Oppen nado en New Rochelle, Nova York, o 24 de abril de 1908 e finado en California o 7 de xullo de 1984, foi un poeta estadounidense.

Traxectoria Nado nunha familia xudía en New Rochelle, George Oppen estableceuse como membro da corrente poética obxectivista, só para abandonar a poesía na década de 1930 para dedicarse ao activismo político.

Marxista fervoroso, Oppen trasladouse a México en 1950 para evitar problemas coa Comisión de Actividades Antiamericanas. En 1958 volve aos Estados Unidos e comeza a dedicarse de novo á poesía; publicou sete coleccións de poemas nos anos 60 e 70, e en 1969 gañou o Premio Pulitzer de poesía por Of Being Numerous.

Obras

Discrete Series (1934) The Materials (1962) This in Which (1965) Of Being Numerous (1968) Alpine (1969) Seascape: Needle's Eye (1972) The Collected Poems (1975) Primitive (1978)

Notas

Categoría:Gañadores do Premio Pulitzer Categoría:Finados en 1984 Categoría:Nados en 1908 Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Marxistas