Jessica García Romero, coñecida literariamente como Sica Romero, nada en Carnota o 23 de abril de 1995, é unha escritora e guía de museo galega.

Traxectoria Grao en Historia da arte (2018), especializouse en xestión de patrimonio, museística e mercado da arte (2019), e ten tamén un mestrado en Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia (2021).Avelaíñas eléctricas. Nespera.gal. Ten traballado como correctora editorial, guía de museos ou auxiliar de sala no MUSAC de León, como colaboradora na sección de literatura do Diario Cultural da Radio Galega e escribindo para diarios dixitais. É bibliotecaria na Biblioteca de Galicia.

A súa primeira novela, Avelaíñas eléctricas, caracterízase por estar escrita no galego dialectal da Costa da Morte. Obra

Avelaíñas eléctricas (Nêspera editora, 2022). ISBN 978-84-125536-04.

Obras colectivas Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (2023, Xerais) Compostela. Relato Curto (2025, Xerais) Premios Premio Arcebispo Xoán de San Clemente por Avelaíñas eléctricas en 2023.Autoras feministas triunfan en el prestigioso Premio San Clemente de novela Crónica Galicia. Consultado o 29/06/2025.Os premios San Clemente premian a Sica Romero, Brenda Navarro e Nell Leyshon. Cultura Galega. Consultado o 29/06/2025.Sica Romero, Brenda Navarro e Nell Leyshon, gañadoras do Premio San Clemente de Novela. El Correo Gallego. Consultado o 29/06/2025.Escritoras destacadas reconocidas con el XXVII Premio San Clemente en la categoría de novela: Sica Romero, Brenda Navarro y Nell Leyshon. 24h Galicia. Consultado o 29/06/2025Sica Romero gana el San Clemente de novela en gallego con “Avelaíñas eléctricas”. Faro de Vigo. Consultado o 29/06/2025. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista no Zig Zag da Televisión de Galicia. 16 de xuño de 2022. Crítica en catalán no Llegir.cat Elas teñen a palabra, evento na Biblioteca de Galicia polo Día das Escritoras, 2022. Crítica no Nós Diario. 5 de agosto de 2022. Crítica de Eli ríos en A Sega. 30 de novemebro de 2024. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia. 31 de marzo de 2023.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Carnota Categoría:Nados en 1995 Categoría:Escritores LGBT de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela