O diário de um mago, tamén escrito O Diário de um Mago, é un libro escrito polo brasileiro Paulo Coelho. Publicouse en 1987 por Companhia das Letras, editouse en 150 países e traduciuse a 40 idiomas. Considerada unha das obras máis importantes do autor, en 2017 reeditouna a editorial Paralela e mantense entre os libros máis vendidos de Paulo Coelho.
Sinopse
A partir da súa peregrinación de tres meses a Santiago de Compostela, Paulo Coelho constrúe unha parábola que trata sobre a necesidade de atopar o propio camiño, en parte historia de aventuras, en parte guía de autodescubrimento. O diario dun mago foi o libro que abriu o camiño á novela O alquimista.
Publicación O Diario de um mago publicouse en 1987 e reeditouse en varias ocasións, sendo o último lanzamento realizado polo selo Paralela da Editora Companhia das Letras en xullo de 2017.
Notas
Véxase tamén Outros artigos The Pilgrim's Progress Peregrinación a Santiago de Compostela
Bibliografía
Categoría:Literatura do Brasil Categoría:Camiño de Santiago Categoría:Obras literarias de 1987 Categoría:Obras literarias en portugués