EgyptSat 2 ou MisrSat 2 foi un satélite artificial exipcio lanzado o 16 de abril de 2014 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características EgyptSat 2, xestionado pola Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais e construído entre esta e a rusa RKK Energia, foi un satélite exipcio de observación da Terra. O satélite estaba baseado no bus 559GK e levaba a bordo unha cámara capaz de sacar imaxes en modo multiespectral, cunha resolución de 1 m, e pancromático, cunha resolución de 4 m. O satélite usaba propulsión iónica alimentada por xenon. O contacto co satélite perdeuse en abril de 2015 a causa dun fallo no sistema de control de voo, rematando a súa misión so un ano despois de entrar en órbita.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U EgyptSat 1 EgyptSat A
Categoría:Satélites artificiais