Nicolas Chuquet foi un matemático francés do século XV, autor da primeira aritmética "moderna". Traxectoria Non se sabe moito da súa vida. Só se sabe, porque o di el mesmo no seu Tripartito, que é de París, que se licenciou en Medicina e que escribiu a súa obra en 1484 en Lión.. Polos rexistros fiscais da cidade de Lión, sábese que vivía ao lado doutro matemático francés: Estienne de La Roche, pero non se sabe as relacións que tiñan.

Obras Chuquet é o autor da aritmética máis orixinal escrita desde a época grega: Le Triparty en la Science des Nombres. A obra nunca se publicou até 1880 e polo tanto non tivo influencia; agás o feito de que Estienne de La Roche publicou unha pequena parte dela como súa: L'arismetique nouvellement composee (Lión, 1520).

O traballo de Chuquet consta de dúas grandes partes: a primeira, propiamente chamada Triparty en la Science des Nombres, e a segunda, denominada Applications des Rigles du Triparty, que é unha colección de problemas resoltos cos procedementos establecidos na primeira parte.

O Triparty ten tres partes:

No primeiro trata sobre os números enteiros, os números rotos, as súas operacións, as progresións e a regra de tres . No segundo trata sobre as raíces e como operar con elas. No terceiro fálase de potencias e ecuacións e de como resolvelas.

Aínda que as achegas de Chuquet á álxebra son escasas, a súa orixinalidade e audacia no desenvolvemento da linguaxe alxébrica e do cálculo é indiscutible.

Foi o introdutor do termo billón.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. «Nicolas Chuquet». MacTutor History of Mathematics archive. School of Mathematics and Statistics, Universidade de St Andrews, Escocia. , Jean. Nicolas Chuquet. Complete Dictionary of Scientific Biography. 2008. Encyclopedia.com. Consultado o 15 de setembro de 2013 <http://www.encyclopedia.com>.

Categoría:Alumnos da Universidade de París

Categoría:Matemáticos de Francia Categoría:Nados no século XV