Daniel Barcia Rama, nado na Costa da Tapia (O Temple, Cambre) o 19 de xaneiro de 2003, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Naceu o 19 de xaneiro de 2003 na Costa da Tapia, onde se instalaran antes de el nacer seus pais Sandra e Toni, procedentes das parroquias de Canduas e Cesullas, en Cabana de Bergantiños. Seu pai fora futbolista de varios equipos da Liga da Costa, e militou tamén no Bergantiños de Xulio Díaz a finais da década de 1980. Súa nai rexenta no barrio coruñés dos Mallos unha charcutería fundada por seus pais José e Anita en 1985.

Socio do Deportivo da Coruña dende o seu nacemento, comezou a xogar ao fútbol no equipo prebenxamín do Atlético San Pedro, co que marcou numerosos goles xogando no centro do campo. Aos oito anos incorporouse ao equipo benxamín do Deportivo e durante os seguintes anos foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. No infantil B foi un dos tres capitáns do equipo, xunto a Jairo Noriega e Álvaro Carreras, e portou tamén o brazalete nos conxuntos cadete e xuvenil.

Na tempada 2020/21 formou parte do equipo xuvenil que con Óscar Gilsanz como adestrador conquistou a División de Honra Xuvenil e tamén a Copa de Campións, despois de derrotar na final ao FC Barcelona. Na seguinte campaña disputou a Liga Xuvenil da UEFA, xa ás ordes de Manuel Pablo, sendo titular en todos os partidos, e xogou os 120 minutos do encontro fronte ao Dynamo de Kíiv, caendo xunto ao seu equipo na quenda de penaltis, nun Riazor con máis de 20.000 seareiros nas bancadas.

Na tempada 2021/22 subiu ao Fabril, onde tivo como adestrador de novo a Gilsanz, e afianzouse na defensa titular do equipo. Na tempada 2022/23 formou unha sólida defensa xunto a Ángel Puerto, Marc Lachèvre e Iano Simão, encaixando só 18 goles, o que foi unha das claves do ascenso do equipo á Segunda Federación como campión de grupo. Esa mesma tempada, o 12 de novembro de 2022, debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, da man de Óscar Cano, na primeira rolda da Copa do Rei ante o Guijuelo, na que integrou a defensa titular xunto a Trilli, Puerto e Retu.

Para a tempada 2023/24 subiu definitivamente ao primeiro equipo e renovou co club ata o 2026. Non contou con demasiadas oportunidades ás ordes de Imanol Idiakez, que só o aliñou en 12 partidos da liga regular, pero proclamouse campión da categoría, conseguindo así o ascenso á Segunda División. Na seguinte campaña debutou na categoría de prata na sexta xornada de liga, nunha derrota ante o Burgos en Riazor, formando como titular no centro da defensa xunto a Pablo Vázquez. Axiña se consolidou na titularidade da zaga coruñesa xunto ao valenciano, pero as lesións musculares impediron que puidese disputar máis de 16 partidos.

Comezou a tempada 2025/26 consolidado na titularidade, formando parella de centrais xunto a unha nova fichaxe, o cercedense Miguel Loureiro, parente seu ao ser súas avoas curmás. Combinou boas actuacións con outras máis discretas e foi perdendo peso nas aliñacións de Antonio Hidalgo co paso das xornadas. Con todo, disputou un total de 29 partidos, 24 deles como titular, e anotou dous importantes goles en liga en dous partidos ante o Sporting de Gijón, que contribuíron ao ascenso do equipo á Primeira División.

Selección española

O seu alto rendemento co Deportivo da Coruña Xuvenil levouno a debutar coa selección española sub-19 en setembro de 2021, nun amigable diante de México.

Palmarés Fabril Terceira Federación (1): 2022/23.

Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda Federación e Final de campións de Primeira Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesFabril2021/223º RFEF301--103112022/233º RFEF273----273Total club5740010584Deportivo da Coruña2022/231ª RFEF 0 0 10-- 102023/241ª RFEF 12 0 202 0 1602024/25Segunda16000--1602025/26Segunda25241--293Total club5327120623Total carreira 85 4 303 0 914

Notas

Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 2003 Categoría:Futbolistas de Cambre Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes