dereita|miniatura|Xosé Manuel Olveira "Pico" nunha representación teatral da obra. El florido pensil (de título completo El florido pensil. Memoria de la escuela nacionalcatólica) é un libro de 1994. Foi escrito por Andrés Sopeña Monsalve, profesor de Dereito na Universidade de Granada e especialista en comunicación social. O autor do prólogo é Gregorio Cámara Villar, catedrático de Dereito Constitucional na mesma universidade.
Consiste nunha recreación do sistema educativo da posguerra española. Os trazos identitarios deste eran a ideoloxía nacionalcatólica do primeiro franquismo e unha metodoloxía tradicional baseada no dogmatismo. A imposición da autoridade mediante a disciplina tiña como consecuencia a adquisición rutineira dos coñecementos por memorización, sen permitir a máis mínima posibilidade de cuestionamiento nin crítica. A comprensión dos contidos non era importante, de feito, o propio título fai referencia a unha expresión incomprensíbel para os nenos.
A nostalxia, a inxenuidade e o uso da ironía son comúns na presentación dos contidos da obra.
Foi adaptada ao teatro polo grupo vasco Tanttaka (1996) e o galego Eme2 e ao cine por Juan José Porto (2002).
Significado de «florido pensil» O título está inspirado nun verso dunha letra de autoría descoñecida da Marcha Real que aparece na Enciclopedia Álvarez:
«Pensil» ou «pénsil» (o Diccionario de la lengua española acepta ambas as acentuacións) procede do latín pensĭlis (colgante: que colga ou está suspendido no ar). O adxectivo aplícase en especial aos xardíns (por referencia histórica, aos xardíns colgantes de Babilonia).
Véxase tamén Outros artigos Depuración franquista do maxisterio Ligazóns externas Texto da obra de teatro , Cervantes Virtual
Notas
Categoría:Obras literarias de 1994 Categoría:Franquismo Categoría:Obras literarias en castelán